ATENDE

QUIQUE COSTAS SERÁ O CANDIDATO DE AMES NOVO Á ALCALDÍA

By on julio 2, 2018

Onte á noite pechouse o proceso electoral interno para elixir a persoa que ha encabezar a
candidatura de Ames Novo nas eleccións municipais de 2019. Feito o escrutinio pola Comisión
Electoral, os resultados certificados por esta son como seguen:
Votos emitidos: 51 (16% do censo). Votos a favor de Quique Costas: 27 (53%) Votos a favor de
Mertxe Álvarez 22 (43%). Votos en braco: 2 (4%).

Unha vez coñecido o resultado da votación Quique Costas declarou sentirse “preocupado pola baixa
participación que se produciu nestas primarias. Se ven o feito de que esteamos aínda a un ano das
eleccións municipais pode explicar en parte certa desmobilización dos membros da Iniciativa, isto
debera terse visto paliado pola concorrencia de dous candidatos no proceso, é algo que haberá que
analizar para poñer en marcha mecanismos de activación da nosa xente”. “En todo caso, agora é
momento de poñerse a traballar para estarmos en condicións de aquí a un ano de competir para
gañar unhas eleccións nas que temos moitas posibilidades despois de que en 2015 apenas 36 votos
de diferencia co PP nos separaron de ser a forza máis votada”. O candidato electo felicitouse polo
clima de cordialidade que se deu durante o proceso electoral: “Mertxe Álvarez e máis eu somos,
ante todo, compañeiros dentro deste proxecto e na campaña das eleccións internas quedou de
manifesto que temos unha visión común sobre a maioría das cuestións. Non foi unha confrontación,
apenas un debate de estratexias e sobre quen é o candidato que mellor pode afrontar as eleccións.
Naturalmente o futuro de Ames Novo ten que ser construído conxuntamente con todas as mans, as
de aquelas persoas que votaron a Mertxe, as que me votaron a min e as que non votaron. Agora
comeza para min unha nova tarefa, a de reactivar a organización e intensificar a nosa presenza
pública percorrendo o camiño que permita que no próximo ano haxa unha verdadeira Asemblea
Cidadá que tome as rendas da Iniciativa Cidadá en todo o percurso electoral que rematará nas
Municipais da primavera próxima, unha asemblea que integre todo o espazo diverso da esquerda
amesá que quer un verdadeiro goberno de cambio, despois da frustración destes catro anos dun
goberno n o que as forzas minoritarias da esquerda decidiron entregar o goberno ao PSOE”.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *