ATENDE

O GOBERNO MUNICIPAL DE AMES ENROCADO NA SÚA POSTURA SOBRE OS COMEDORES ESCOLARES

By on septiembre 8, 2018

O Concelleiro de Educación négase a adoptar medidas que permitan absorber as nenas e nenos que quedaron sen poder acceder ao servizo por falta de praza.

AMES
NOVO levou ao último Pleno unha moción coa finalidade de reabrir o
debate sobre a insuficiencia de prazas nos comedores escolares
municipais para atender toda a demanda existente. No debate da mesma
o Portavoz deste grupo municipal demandou que se informase ao Peno
das actuacións que se puxeron en marcha desde que se publicaron as
listas de agarda e do resultado das mesmas.

Sen
embargo o
Concelleiro de Educación, David Santomil (BNG) limitouse a reiterar
os seus argumentos de que o número total de prazas é o das 1.254
fixadas por un decreto do goberno municipal e que non se vai ampliar
,
xa que na súa visión os comedores “non son unha competencia
municipal”. Afirmou, ademais, que a oferta de prazas medrara en 200
durante o actual mandato e que o Concello de Ames é o que destina
maior porcentaxe do orzamento a Educación.

Que
sexamos o Concello que máis parte do orzamento dedica a educación
non é máis que a consecuencia de que somos o concello do país con
maior porcentaxe de poboación en idade escolar”, manifestou Quique
Costas, “a cuestión é se esa porcentaxe é suficiente
e, á
vista do problema que temos, parece que non”. Ames Novo considera
que para atender a demanda actual do servizo de comedores sería
preciso incrementar esa partida nunha cantidade que non acadaría o
1% máis do orzamento do Concello de Ames,
“un esforzo
orzamentario perfectamente asumible sen mingua significativa de
ningún outro capítulo”, en palabras do voceiro da agrupación.
“O problema produciuse como consecuencia de que en tres anos de
mandato non se adoptou medida algunha que permitise o crecemento do
servizo. É falso que a oferta aumentara en 200 prazas, o que si
aumentou foi o número de usuarios, algo moi distinto, que acabaron
por sobordar a oferta existente”.

AMES
NOVO considera que a raíz do problema está na falta de ambición
política ao respecto do actual Concelleiro de Educación
. “Se
partes de que é unha competencia allea, só podes chegar á
conclusión de que o esforzo que se está a facer xa é excesivo e,
xa que logo, é imposible desde esa asunción que te propoñas facer
medrar un servizo que, ademais de ser un referente, ten moito que
ver crecemento poboacional do noso concello.

AMES
NOVO volverá a levar este asunto a Pleno coa proposta de que se
adopten medidas provisorias e urxentes que permitan que as persoas
que teñen solicitado este servizo para o presente curso poidan
desfrutar del.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.