ATENDE

AMES NOVO ESIXE AO GOBERNO MUNICIPAL O “ESTRITO CUMPRIMENTO” DA INICIATIVA APROBADA ONTE NO PLENO SOBRE O SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES

By on septiembre 28, 2018

Para a marea municipal de Ames “non hai escusa” para que non se efectivice o acordado maioritariamente polo Pleno da Corporación

O Pleno do Concello de Ames aprobou onte unha inciaciativa presentada polo frupo municipal de Ames Novo na que se acorda que “o Concello poñerá en marcha de xeito urxente todas a medidas provisionais necesarias para a absorción do total de demandantes do Servizo Municipal de Comedores Escolares para o curso 2018-2019”. Ademais, aprobouse que “o Concello adoptará as medidas precisas en materia de infraestruturas para a adecuación da oferta de prazas deste servizo ao previsible incremento da demanda futura. Especialmente tomará todas as medidas que se necesiten para que o futuro CEIP do Milladoiro incorpore comedor e cociña con capacidade suficiente e adecuada ao tamaño do centro; así como que o Concello de Ames adoptará aquelas medidas de corrección orzamentaria que sexan precisas para o cumprimento destes acordos, conforme ao establecido no Regulamento de Aplicación Orzamentaria e demais normativa reguladora vixente”.


O debate puxo de manifesto, máis unha vez, o inmobilismo do concelleiro delegado da área de Educación, David Santomil (BNG) que manifestou a súa falta de disposición a admitir máis dos 1.254 alumnos e alumnas fixados por decreto da alcaldía.

Para o voceiro e candidato á alcaldía de Ames por AMES NOVO, Quique Costas, “o Pleno de onte produciunos unha enorme tristeza, xa que nós esperabamos algún xesto por parte do concelleiro de Educación no sentido de procurara solucións. Sen embargo, co que nos atopamos foi co seu inmobilismo, intentando agocharse detrás dos técnicos e facendo interpretacións terxiversadas e ata tremendistas do informe da Interventora”. “Agora no que nos imos empeñar”, engadiu, “é en que o goberno de Ames actúe con respecto ás normas de xogo democráticas e dea cumprimento ao que se acordou co seu voto en contra. Teñen que ser conscientes de que son un goberno en minoría e que, xa que logo, a vontade maioritaria do Pleno é máis representativa da vontade popular que a súa obstinada cerrazón”.

Desde AMES NOVO denunciamos que este asunto tiña que ter sido abordado moito antes, máis o goberno municipal optou por “deixalo podrecer”, adiando mediante a utilización de artificios regulamentarios durante dous meses. “Agora atopámonos co curso iniciado e a situación sen resolver, moi en consonancia coa liña que respecto do Servizo Municipal de Comedores leva Santomil: en tres anos no cargo non adoptou medida algunha para evitar que chagásemos á situación na que estamos”, enfatizou Quique Costas.

AMES NOVO quer transmitir á opinión pública que vai continuar exercendo todas as medidas de presión política ao seu alcance para forzar ao goberno local a actuar consonte ao que foi legalmente aprobado e chama á Comunidade escolar a respaldar esta esixencia democrática.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.