ATENDE

A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL

By on octubre 26, 2018

O
Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos votos da
dereita (PP e PxA) e a abstención dos grupos que conforman o goberno
municipal (PSOE, BNG e Contigo Pódese) a iniciativa presentada por
Ames Novo para poñer en marcha a constitución dunha empresa de
servizos. Desde Ames Novo advirten de que a actitude do goberno
compromete o entendemento mutuo.

A iniciativa
levada a Pleno pola marea local tiña como proposta de acordo
manifestar
a vontade do Pleno de constituír unha Sociedade Municipal de
Servizos, sociedade mercantil de capital exclusivamente municipal,
que vaia asumindo de xeito progresivo a xestión e/ou prestación de
diversos servizos municipais agora encomendadas a empresas privadas
conforme finalicen as concesións e contratos de prestación en
vigor, sempre de acordo cos procedementos legalmente establecidos.”

O
obxectivo desta proposta era que se poida asumir a xestión ou
prestación de servizos agora encomendados a empresas privadas e que
poderían ser perfectamente desempeñados desde a propia institución
con un considerable aforro. O
primeiro servizo a asumir sería o do persoal do cemiterio municipal,
un servizo básico que neste momento está encomendado en precario a
unha concesionaria privada cuxo contrato rematou en decembro pasado
.
Asemade a Iniciativa Cidadá Ames Novo contempla no curto prazo a
asunción a través dunha sociedade mercantil de capital municipal
servizos como a limpeza de edificios e instalacións municipais e dos
colexios públicos, todos eles concesionados a empresas privadas.

Non
é lóxico que esteamos pagando a terceiros pola realización de
traballos que se poden asumir sen maior complicación desde o
Concello. O réxime actual de contratas significa que os custes
reais, salariais e de materiais, se vexan incrementados, como mínimo,
no 21% polo IVE ao que hai que sumar a lóxica taxa de ganancia que
ten que obter a empresa concesionaria. Iso significa que o Concello
está pagando, no mellor dos casos un 30% máis dos custes reais en
cada un dos servizos contratados”

manifestou o portavoz e candidato de Ames Novo, Quique
Costas
.
“E
non se trata dunha opinión nosa ou dunha postura ideoloxizada, O
informe de fiscalización do Tribunal de Cuentas de 2013 establece
que os servizos privatizados supoñen sobrecustes de ata o 90% e
destaca que no caso da limpeza viaria a media é do 72%. Daquela quen
si ten unha postura ideoloxizada, ignorando calquera criterio de
eficacia, son quen non están a favor de iniciar canto antes un
proceso que nos permita a asunción destes servizos”
,
enfatizou.

A
proposta foi rexeitada pola dereita do Pleno co argumento de que “se
o aprobamos logo teríamos que facelo”. Pola súa parte os grupos
que conforman o goberno municipal non apoiaron a proposta optando por
absterse. En opinión de Quique Costas “a
proposta era unha simple e pura manifestación de vontade política,
así figuraba no texto do acordo, e xa que logo, o que fixeron os
grupos do goberno foi manifestar a súa falta de vontade de dar pasos
decididos cara ao rescate de servizos municipais. Algo que, por outra
parte, xa se evidenciou na total ausencia de accións
remunicipalizadoras ao longo deste mandato”
.
A escusa que se aduciu por parte do goberno foi que están pola
municipalización na vía da xestión directa e que o marco normativo
actual, coas súas restricións, non o permite. “Afirmar
que se está por remunicipalizar a través dunha vía que non é
legalmente posible parece un exercicio de cinismo político.

Se
realmente ese é o caso, por que non apoian unha vía que non
presenta escollos legais como a que propuxemos?

Por outra parte nin
sequera é certo que a vía da xestión directa sexa legalmente
imposible
,
a proba está no veciño concello de Teo
que asumiu a xestión directa de 6 servizos municipais durante o
presente mandato. Máis ben o que falta é vontade de facelo”.

Ames
Novo lembra que a remunicipalización
de servizos forma parte do acordo de investidura

que no seu día asinaron todos os grupos da esquerda municipal e que
lle deu a Alcaldía a José Miñones. E que o
programa de goberno recolle explicitamente “proceder á
municipalización da xestión tributaria e avanzar na recuperación
de servizos municipalizados, revertendo da privatización aqueles que
se consideren esenciais.
Ámbalas
cousas quedaron no caixón do esquecemento.

“Unha
vez máis comprobamos como este
goberno
que,
indudablemente, supuxo un avance sobre a situación da que viñamos
despois do caótico período de goberno do PP encabezado por Santiago
Amor non
fai unha aposta decidida polas políticas de cambio real, quedándose
no tímido enunciado das mesmas pero sen ser quen de desenvolvelas.

Nós sempre estivemos e estaremos no apoio ás iniciativas de
progreso que o goberno intente pero tamén na esixencia firme de máis
políticas progresistas na liña dos moitos concellos do país e do
estado nos que si hai gobernos de cambio”, aseverou Quique Costas,
“e manifestacións
de falta de vontade política como a feita onte pouco contribúen a
un clima de entendemento mutuo”.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.