ATENDE

AMES NOVO DENUNCIA A XESTIÓN CAÓTICA POLO GOBERNO MUNICIPAL DA REDE DE COMEDORES ESCOLARES

By on noviembre 14, 2018

A marea cidadá de Ames asegura que a situación creada tanto polos comedores como pola falta de accións remunicipaliza-doras está levando ao límite a súa relación co goberno tripartito.

Unha vez máis a xestión da Rede Municipal de Comedores Escolares é noticia negativa. Esta vez trátase da denuncia formulada polas fami-lias de que non se están cobrando os servizos complementarios desde o pasado mes de xullo. Ao non terse emitido recibos por parte do Con-cello nin dos veráns lúdicos correspondentes aos meses de xullo e agosto, nin do programa de almorzos “Bos Días Cole” e dos Comedores Escolares de setembro e outubro, moitas fami-lias poden ter unha débeda involuntaria acumu-lada de máis de 700 euros, só polos comedo-res, cantidade que se vería notablemente incrementada de ter usado tamén os programas lúdicos de conciliación.

Cando as familias contactaron alarmadas co Concelleiro de Educación, David Santomil (BNG), este lles manifestou que os recibos se pasarían ao cobro conxuntamente neste mes. Diante da preocupación mostrada polas Anpas de que isto podía provocar moitas dificultades a algunhas familias usuarias, o Concelleiro respondeu co envío dun correo no que lles pide que transmitan ás familias que este gasto o debían ter previsto. “Aparte a falta de sensibilidade que se mani-festa na resposta, na nosa opinion, é un acto de covardía política escudarse nas Anpas para transmitir semellante resposta. En primeiro lugar non todas as familias usuarias dos comedores están afiliadas as Anpas e, por outra parte, debera ser o Concello quen dea a cara e lle transmita ás familias directamente semellante xuízo”, valorou o Voceiro de Ames Novo, Quique Costas. “Ao parecer o goberno municipal decidiu erixirse en adminsitrador das economías familiares de quen usa os servizos complementarios educativos”, engadiu.

Ames Novo esixe do Goberno municipal que se dean facilidades aos usuarios para fraccionar esta débeda involuntaria, só atribuíble a un mal funcionamento da administración municipal, comuni-cando a posibilidade de fraccionar o pagamento en ata 6 prazos directamente a cada familia afectada.

Por outra parte, a Iniciativa Cidadá Ames Novo, recorda que segue sen darse cumprimento ao acordo do Pleno do pasado mes de Setembro de que o Concello “poñerá en marcha de xeito urxente todas a medidas provisionais necesarias para a absorción” das 93 crianzas que quedaron fóra pola falta de previsión municipal. En palabras de Quique Costas “o único que ata agora fixo o Concelleiro da área foi aducir escusas manifestando a falta de votade por parte do goberno de materializar este acordo plenario”. “Para nós a sucesión de manifestacións de falta de vontade e de sensibilidade en todo o relacionado coa xestión dos comedores xa chegou ao límite do admi-sible. O goberno ten que ser consciente de que nós non podemos tolerar o que está sucedendo, a falta de atención ás persoas que demandan un servizo básico e a deso-bediencia ao Pleno. Isto, xunto coa falta de accións para remunicipalizar servizos municipais, fai perigar o mantemento futuro das relacións bilaterais”, enfatizou.

EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA

A Inicaitva Cidadá-Ames Novo vén de presentar a través do Grupo Parlamentario de En Marea tres emendas aos orzamentos da Xunta de Galicia. Dúas delas fan referencia a necesidades educativas de Ames: a creación dunha segunda liña no desbordado CEIP de Barouta e a creación dun centro de FP no concello, ensinanza da que Ames carece pese á súa poboa-ción en idade de cursar estudos secundarios. A terceira emenda, presentada conxuntamente con Compostela Aberta, contempla a creación dunha senda peonil e ciclista entre O Milladoiro e o casco urbano de Santiago de Compostela.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.