NOVO EPISODIO DE MANIPULACIÓN DA TVG NO ÚTLIMO PLENO

No Pleno ordinario do mes de xaneiro se produciu un curioso incidente protagonizado por unha cámara da TVG.
Cando ía iniciarse a sesión plenaria, chamou a atención de todas as persoas asistentes, incluídos os membros da Corporación, a insólita presenza de unha cámara da TVG no Salón de Plenos. Nunca tal cousa sucedera en todo este mandato municipal que está a piques de rematar. Dados os precedentes de como este medio público é utilizado como mero instrumento de propaganda e manipulación por parte do gobreno do Partido Popular, ninguén conxeturou que viñeran a informar da aprobación do Regulamento de Participación Cidadá que se aprobou nesa sesión, ou dos outros asuntos que se ían debater e someter a votación…
As sospeitas se confirmaron cando se chegou ao debate das dúas mocións que traía o PP (na súa doble versión de Grupo Popular e PactoxAmes). Unha solicitaba que os fondos europeos destinados á construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais da Silvouta, que segundo a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez vanse perder, se destinen a investimentos en outros puntos de Galicia (entre eles á depuradora de Sisalde, para a que hai máis de 12 anos que a súa Consellería comprometeu fondos que nunca chegaron). A outra moción instaba ao goerno de España a recoñecer a Guaidó como Presidente de Venezuela. Dúas mocións puramente de propaganda electoral.
Nese momento comezou a gravación do Pleno por parte do equipo da TVG. Iso si, previa colocación dun micrófono co logo da cadea enriba do pupitre do escano do Portavoz de PxA e candidato do PP á Alcaldía nas vindeiras mnicipais de maio.
O fetio foi denunciado por todos os voceiros dos grupos de esquerda no Pleno, manifestando ademais a solidariedade dos grupos coas traballadoras e traballadores da TVG na súa loita contra a manipulación e desmantelamento do medio. O feito foi posto inmediatamente por parte do Voceiro de Ames Novo, Quique Costas, en coñecemto do Comité de Epmpresa da CRTVG. Ademais os grupos municipais do PSOE, BNG, CP e Ames Novo enviaron un escrito á Dirección Xeral da CRTVG na que se exolica que «queremos poñer de manifesto a nosa indignación e malestar polos feitos acontecidos na sesión plenaria do pasado día 31 de xaneiro de 2019 no tocante á cobertura informativa da CRTVG» e esixen que «se depuren responsabilidades sobre a toma de decisións neste asunto e se aclare o obxectivo de dita cobertura informativa»