CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO

A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que decidirán a conformación da lista electoral coa que a marea municipalista concorrerá ás Eleccións Municipais do vindeiro mes de maio.
A Asemblea celebrada o martes, día 5, decidiu a convocatoria das Eleccións Primarias con arreglo ao Regulamento de Eleccións Primarias de Ames Novo que rexe para as mesmas, así como o Calendario que marcará as diferentes fases que culminarán no proceso de votación.
Neste proceso o conxunto das persoas que conforman o censo electoral de Ames Novo (todas as que son asinantes do seu manifesto político) decidirán co seu voto as persoas que conformarán a lista nos postos do 2 ao 11, acompañando a Quique Costas que foi electo candidato á Alcaldía nas Eleccións Primarias do pasado mes de xullo.
O prazo para que aquelas persoas que queiran participar na elección e non teñan asinado o manifesto se inscriban no censo estatá aberto ata as 24:00 horas do domingo 17 de febreiro. O luns 18 iníciase o prazo para que aquelas persoas membros asinantes que o desexen se candidaten para participar como elixibles nestas primarias. Para iso terán que presentar ante a Comisión Electoral o formulario correspondente co aval de 10 asinantes do manifesto político, e subscribir o Código de Ética Política. O prazo para a presentación de candidaturas finaliza ás 24:00 horas do día 25 de febreiro.
Finalmente, todas as persoas que integran o censo electoral de Ames Novo poderán emitir o seu voto os días 8, 9 e 10 de marzo nos locais e horarios que determine a Comsión electoral.
Enlaces directos aos documentos:
Calendario da elección
Manifesto da Iniciativa Cidadá Ames Novo
Formulario de Adhesión ao Manifesto
Regulamento de Eleccións Primarias de Ames Novo
Código de Ética Política
Todo o proceso resumido nunha guía práctica
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 3 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 3 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 3 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 3 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 4 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 1 año ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 3 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 3 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 3 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 3 años ago
- 0