A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS

ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Reunidos os membros da Comisión Electoral, examínanse as candidaturas recibidas dentro do prazo fixado, que rematou ás 00:00 horas do día de hoxe.
Recibíronse un total de 11 candidaturas, todas as cales reúnen os requisitos fixados polo Artigo 14 do Regulamento: inscrición no censo de Ames Novo, contar con 10 avais de persoas inscritas no mesmo, e asunción do Código Ético (circunstancia esta última á que se dá cumprimento mediante a sinatura do formulario de inscrición).
De acordo con todo iso, a Comisión Electoral proclama como candiadatas provisionais nas Eleccións Primarias de Ames Novo para cubrir os postos 2 ao 11 as seguintes persoas, ordenadas alfabeticamente:
ROBERTO AMARELLE GARABÁN
CARMEN CALVIÑO MIRAMONTES
YAGO JOAQUÍN CASTRO DÍAZ
MARTA DE CASTRO BARBOSA
PATRICIA FIGUEIRA GALINDO
CONSTANTINO FREIRE PALLÍN
JOSÉ MARIÑO REY
MANUEL PARGA RILO
JAVIER ROCAMORA GARCÍA
ANA M.ª SEIJAS BARANAUSKAS
FRANCISCO JAVIER TESOURO BORRAJO
Coa publicación desta acta ábrese un prazo de alegacións sobre estas candidaturas que rematará o xoves 28 ás 14:00 horas. De non terse manifestado alegacións , ou unha vez resoltas estas, transcorrido ese prazo se procederá á proclamación definitiva das candidaturas.
Na mesma acta de proclamación definitiva de candidatas a Comisión Electoral fixará os medios de Ames Novo a disposición das e os candidatos para a súa campaña electoral.
En Ames, a 26 de febreiro de 2019
Asdo: Fran Parga
Asdo: Carlos Villaverde
Asdo: Quique Costas
Nestas ligazóns podes consultar todas as actas e resolucións de consultas da Comsión electoral:
Acta de constitución
Acta nº1
Anexo á acta nº1: Resolución de Consulta
Acta nº2
Resolución de consultas nº2