PATRICIA FIGUEIRA

Levo 18 anos vivindo en ames, nai e amante dos animais, defensora dos servizos públicos e gratuítos para maior benestar da xente. Creo que toda institución pública, máis a municipal, ten que estar ao servizo das persoas, non o revés. Temos que ter mecanismos de participación Cidadá para a mellorar a institución e así conseguir o obxectivo, que é a mellor calidade de vida das persoas e os animais.