ANA SEIJAS

Ames é un concello con futuro, posúe todos os ingredientes para ser un referente no país. Acadar os nosos soños precisa dunha concepción clara do concello que queremos, a mirada na nosa realidade socioeconómica e unha aposta clara pola idea do ben común. A escoita activa da veciñanza, unha vontade política firme e o compromiso de servizo público son os garantes do Ames Novo co que me comprometo.