CANDIDATURA DE AMES NOVO

Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos da lista coa que Ames Novo concorrerá ás eleccións municipais de maio
O domingo día 10 de marzo pechouse a segunda fase do proceso de eleccións primarias de Ames Novo, no que se decidiron as candidatas e candidatos que ocuparán os postos da parte alta da lista que encabezará Quique Costas, que fora proclamado candidato á Alcaldía na elección que se celebrou no pasado mes de xuño.
Nesta fase da elección concorreron un total de 11 candidatas e candidatos aos que podía votar calquera persoa inscrita no censo electoral de Ames Novo (composto por todas as asinantes do seu manifesto).
Feito o escrutinio das papeletas depositadas nas urnas, os votos obidos por cada unha delas foron como segue:
Ana Seijas 48, Javier Rocamora 32, Carmen Calviño 31, Roberto Amarelle 28, Tino Freire 26, Manuel Parga 26, Marta Barbosa 25, Patricia Figueira 25, Javier Tesouro 18, Jose Mariño 14, e Yago Castro 9.
Tal e como establece o Regulamento de Primarias de Ames Novo, feito o reconto, a Comisión Electoral procedeu á ordenación da lista aplicando os criterios establecidos no mesmo de proporcionalidade de xénero e territorial, de xeito que a orde de colocación dos postos ata o 11 será:
1.- QUIQUE COSTAS
2.- ANA SEIJAS
3.- JAVIER ROCAMORA
4.- CARMEN CALVIÑO
5.- ROBERTO AMARELLE
6.- MARTA BARBOSA
7.- MANUEL PARGA
8.- PATRICIA FIGUEIRA
9.- JOSÉ MARIÑO
10.- (Reservado para unha candidata)
11.- (Reservado para un/ha candidato/a do Rural)
A reserva dos postos 10 e 11 se establece para cumprir esas esixencias de representación proporcional que esixe o artigo 23 do Regulamento. O resto de persoas que se candidataron se integrarán na lista electoral fóra dos 10 postos que se cubrían neste proceso.
O candidato á Alcaldía, Quique Costas, manifestou estar «moi satisfeito tanto pola implicación das persoas que se candidataron como pola das que participaron votando neste proceso. Trátase, unha vez máis, de un claro exercicio de democracia na que as decisións as adoptamos colectivamente, e o resultado é o de unha proposta de equipo de goberno caracterizada pola solvencia e a honestidade das persoas que a integran».
A candidatura será presentada nun acto público que se celebrará nas próximas semanas.
Nestas ligazóns podes acceder a todas as actas e resolucións da Comsión Electoral:
Acta de constitución
Acta nº1
Anexo á acta nº1: Resolución de Consulta
Acta nº2
Resolución de consultas nº2
Acta nº3
Acta nº4
Acta nº5 (escrutinio e lista electoral)
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 6 meses ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 2 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 2 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 4 meses ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 10 meses ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 2 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 2 años ago
- 0