AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA

A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias que é imprescindible coordinar e permitiría unha mellora dos servizos nos concellos da área.
Diante da proposta formulada publicamente polo Alcalde de Santiago de fusionar os concellos da área metropolitana de Compostela, o Grupo Municipal de Ames Novo valora que se trata dunha idea precipitada, que requiriría unha análise profunda e que, en todo caso, resulta irrealizable no curto prazo. En opinión deste grupo municipal trátase, ademais, dunha idea que debera contar con un previo consenso político e social en cada un dos concellos atinxidos, polo que consideran que a proposta non debera terse formulado sen unha previa posta en común coas forzas políticas que integran os devanditos concellos.
Porén Ames Novo si considera imprescindible a coordinación supramunicipal para crear sinerxías que facvorezan ao conxunto da veciñanza. “Non se trata de se a capital de Galicia ten unha maior ou menor poboación, trátase de como atendemos á poboación que vive na área”, afirmou Quique Costas. En opinión do Grupo Municipal Ames Novo antes de chegar a unha proposta de fusión, que a día de hoxe parece pouco realista, o que habería é que poñerse de acordo entre os distintos concellos para impulsar que a Xunta cree a Área Metropolitana de Compostela. “Iso nos permitiría xestionar a través de organismos conxuntos áreas tan importantes como o transporte, o urbanismo, os asuntos sociais ou servizos esenciais como o abastecemento de auga potable e tratamento de augas residuais, ou a recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos. A día de hoxe, por exemplo, o ciclo integral da auga é independente en cada un dos concellos, mesmo tendo interconectividade, e no referente á recollida e tratamento de residuos Teo e Compostela utilizan SOGAMA mentres Ames utiliza a planta da Mancomunidade do Barbanza cando, conxuntamente, os concellos da área poderíamos ter unha planta pública propia e un servizo público conxunto de recollida, agora en mans de empresas privadas”, engadiu o portavoz e candidato de Ames Novo á Alcaldía. Desde Ames Novo engádese que a existencia dunha Área Metropolitana con entidade política propia permitiría, ademais, resolver un dos problemas que máis afectan a todos os concellos da área e, especialmente a Compostela pola repercusión que ten no seu tráfico urbano, mediante a creación dunha autoridade metropolitana de transporte e mobilidade que xestione todo o transporte público metropolitano, incluída a regulación do servizo de taxis.
Ao mesmo tempo, o candidato de Ames Novo desbotou que a polémica creada pola proposta do Alcalde de Santiago teña repercusión algunha nas relacións entre Compostela Aberta e Ames Novo. “Somos dúas mareas municipais irmás e a nosa relación é totalmente fraternal. Mesmo a nivel persoal Martiño e eu somos amigos e isto non vai enturbar nada diso. Naturalmente terá que darse unha reflexión conxunta, con eles como con outras organizacións da comarca, como a que goberna en Teo, coas que compartimos ideais e visión política sobre os retos e alternativas que temos que afrontar como área metropolitana. Pero ese debate ten que ser conxunto, sosegado e rigoroso”.
Consonte a todo isto Ames Novo apostará como proposta programática pola creación desta Área Metropolitana, “unha proposta que é perfectamente factible no transcurso do mandato municipal que se iniciará despois das eleccións municipais do 26 de maio”, en palabras de Quique Costas e desbota entrar nun debate de fusións que nesta altura considera irrealista.
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 3 meses ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 2 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 2 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 2 meses ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 8 meses ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 2 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 2 años ago
- 0