VIVA A MATRIA GALEGA!

O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o acto de conmemoración institucional do «Día de Galicia». Nel o voceiro de Ames Novo, Quique Costas, pronuciou este discurso de exaltación da matria.
“Galicia é unha Matria,
unha matriz de terra e tempo
debruzada na noite profundísima,
parindo fillos de saudade e soño.”
Así cantaba Celso Emilio Ferreiro alá polos anos 60 do século pasado á nazón que nos inclúe e nos define. Sermos galegas e galegos, non é apenas unha referencia a un espazo xeográfico. É un xeito de estar no mundo e de entendelo, é unha maneira de ser e de pensar consecuencia dunha historia colectiva e unhas arelas comúns. É unha maneira concreta de elaborar o pensamento, froito de termos unha lingua propia, xa que, como afirma Chomsky, a lingua é o soporte do pensamento. E na nosa lingua, como en todas, hai termos abstractos que son únicos e patrimoniais. O exemplificaba o xenial autor brasileiro Jorge Amado cando afirmaba: “a saudade é um sentimento que apenas os povos que têm uma plavra para o esprimir podem sentir”.
E hoxe celebramos con orgullo esa matria inmortal que permanece contra os ventos e as marés da historia. Porque o sentimento común, o orgullo patriótico, non se poden matar.
A grande Rosalía queixábase amargamente nos versos de “a gaita gallega” do desleixo con que a matria fecunda foi historicamente tratada
“Naide por que te levantes
che alarga a man bondadosa;
naide os teus prantos enxuga,
i homilde choras e choras.
Galicia, ti non tes patria,
ti vives no mundo soia”
Recollendo o sentimento da inmortal Rosalía, aquela que levaba na fronte unha estrela e no bico un cantar segundo Curros Enríquez, hoxe non podemos quedarnos apenas na celebración da identidade que nos dá a matria. É preciso, tamén, desde ese sentimento de fillas e fillos, quer naturais ou adoptivos, da “nai e señora” que dicía Cabanillas, honrala erguendo a nosa voz na súa defensa. Na defensa do noso dereito a expresarnos como galegas e como galegos, con unha identidade que non se pode inhibir, senón que debe ser pulada. Con uns dereitos colectivos a decidir en común sobre o que nos é propio que apenas están timidamente recoñecidos en algúns casos ou son completamente negados en outros polo noso ordenamento legal. É preciso avanzar afondando neses dereitos, construír unha nazón empoderada con unha cidadanía capaz de rexer os seus destinos, para saírmos da secular marxinación e non ter que repetir, máis unha vez, os versos do mentado poema rosaliano:
“Probe Galicia, non debes
chamarte nunhca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ¡ai!, tan hermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti se avergonza,
i a nai que un fillo despresa
nai sin corazón se noma
E permítaseme rematar saudando e celebrando a homenaxe que rendemos hoxe a unha muller que ten moito que ver con esa idea da matria que expuxemos. Filomena Fraga é, como a Galicia que cantan as nosas poetas, unha muller fecunda, criada na pobreza do rural dun país atrasado e patriarcal, que tivo que sacar adiante con denodado esforzo a súa familia. Foi sempre unha muller por diante do seu tempo, preocupada non só polo difícil moitas veces sustento material senón tamén pola formación, tanto a súa propia como a dos seus fillos, que lle permitise enfrontarse ao mundo. Unha muller que non frecuentou a escola, pero que foi quen de agasallarnos con un libro cheo de fermosura e sentimento, como é “A Cancela”. Mais Filomena é, sobre todo, a imaxe do empeño determinado, do inconformismo con un mundo e unha vida que lle negaban todo aquilo ao que aspiraba, sen renunciar nunca ao que cría xusto e buscaba, e enfrontando o que fose preciso para elo. Unha muller loitadora, feminista e exemplar ante a que só podemos dicir, tomando prestados os versos de Fuxan os Ventos:
“Muller, fartura de loita
qué che hei decire eu, muller?!
Ti és coma a terra nosa,
e a terra coma ti é!”
Viva a Matria Galega!
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 3 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 3 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 3 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 3 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 4 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 1 año ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 3 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 3 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 3 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 3 años ago
- 0