AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o prazo de inscrición neste servizo de conciliación. Sen embargo, a aplicación de criterios moi restritivos para poder solicitalo xunto coa brevidade do prazo para inscribirse, de apenas 8 días, teñen a xuízo desta formación un claro obxectivo de redución substancial das prazas ofertadas.
O pasado venres o goberno local anunciou a apertura de prazos a partir do luns para a inscrición da familias que demanden a utilización do servizo de conciliación “Escola de Verán”, xestionado polo Concelleiro de Cultura David Santomil.

Sen embargo, en palabras do concelleiro de Ames Novo Quique Costas, “o anuncio da convocatoria supuxo unha sorpresa desagradable: Por unha parte, este produciuse apenas media hora despois da reunión mantida pola Xunta de Voceiros, na que o goberno local deu conta das súas actuacións durante a última semana e concertou cos grupos da oposición numerosas iniciativas sen que o Concelleiro de Educación mencionase sequera a súa intención de abrir prazos”. Unha ocultación que Ames Novo considera deliberada e que contradí o que viu sendo a política do goberno municipal durante toda esta crise, na que as reunións da Xunta de Voceiros foron practicamente semanais nun exercicio de transparencia por parte do executivo e de busca de consensos por parte dos grupos que integran a oposición municipal.
Pero non foi a falta de coñecemento previo a única sorpresa para Ames Novo, senón os termos en que estaba redactado o anuncio da convocatoria limitando a oferta a “só a aquelas unidades familiares empadroadas no Concello de Ames onde os dous proxenitores xustifiquen debidamente a necesidade de conciliación”. Aínda máis, no anuncio público especificábase que por ter que traballar presencialmente fóra do domicilio, se ben esta última frase foi eliminada posteriormente na páxina do Concello.
Mesmo así, a condición de que se acredite a “necesidade de conciliar dos dous proxenitores” implica unha restrición respecto do que establece o Regulamento do servizo, que no seu artigo 10 dí que poderán acceder a el as familias que acrediten esa “necesidade de conciliación de vida laboral e familiar por un ou ambos proxenitores/titores.» Por outra parte, nos termos do anuncio e do Decreto de convocatoria nin sequera se fai mención ás familias monomarentais/monoparentais.
Desde Ames Novo consideramos que o fin último de como se efectúa a convocatoria deste ano é reducir o número de usuarias do servizo. “O decreto non establece número de prazas, pero ao restrinxir máis do que permite o Regulamento o acceso o que se busca é unha redución drástica no número de solicitudes, para logo adaptar as prazas exclusivamente a quen cumpre tais requisitos”, afirmou Quique Costas.
En palabras do voceiro da formación municipalista “é sorprendente que nas circunstancias que estamos como consecuencia da pandemia da Covid19, lonxe de ampliar a oferta de servizos de conciliación, esta se reduza. O Concelleiro de Educación parece non ser consciente das circunstancias que levan vivido, sobre todo, a maioría das nais que se viron obrigadas durante meses a conciliar, en moitos casos, o teletraballo coa atención permanente ás súas crianzas despois de que se suspenderan as clases. Aínda máis coa incerteza en perspectiva dun novo curso no que moi probablemente o alumnado non terá a posibilidade de asistir a clases presenciais durante toda ou todas as xornadas escolares. Unha das vítimas desta crise vai ser, sen dúbida, a capacidade de conciliar por parte das mulleres con fillos ou fillas e, por tanto, a igualdade en materia de acceso ao mercado laboral. Por iso os servizos de conciliación deben ser instrumentos que, levados á súa máxima capacidade, permitan paliar eses efectos. Deben terse en conta multitude de causas de necesidades de conciliación: mulleres que traballan na economía informal limpando casas ou cosendo, mulleres que son coidadoras, ademais dos seus fillos, de persoas maiores dependentes, mulleres en formación para mellorar a súa capacidade laboral e empregabilidade, persoas que están preparando oposicións para conseguir un posto de traballo… E fronte a todas estas necesidades agravadas pola situación, a resposta do concelleiro Santomil, lonxe de buscar vías de ampliación que permitan ir afrontándoas, é restrinxir aínda máis a posibilidade de utilizar un servizo para moitas persoas indispensable”.
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 3 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 3 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 3 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 3 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 4 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 1 año ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 3 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 3 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 3 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 3 años ago
- 0