O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID

A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non ser compatibles coa folla de ruta marcada por este goberno”, segundo a comunicación remitida polo Alcalde ao grupo municipal
O Concelleiro de Ames Novo, Quique Costas, rexistrou o pasado 24 de novembro unha proposta articulada que modificaba as ordenanzas municipais de subministración de auga potable e tratamento de augas residuais (as que regulan o recibo da auga) coa fin de establecer determinadas bonificacións.
Concretamente se establecían bonificacións, por unha pare, para os locais comerciais e profesionais que se ven afectados na súa actividade económica polas medidas de restrición adoptadas ao abeiro do estado de alarma decretado pola pandemia da Covid19. Por outra parte se establecían tamén bonificacións nos recibos domésticos deses mesmos autónomos e pequenos empresarios así como no de traballadoras e traballadores afectados por un ERTE.
No caso das bonificacións para locais de uso profesional, comercial ou industrial as bonificacións manteríanse, con porcentaxes decrecentes durante un período de un ano desde a recuperación da actividade normal, para facilitar a súa recuperación económica.
Esta proposta substituía outra presentada no pasado mes de abril á que se lle puxeran reparos nun informe da Tesoureira Municipal e subsanaba eses reparos, de xeito que esta vez puidese contar cos informes favorables precisos para a súa aprobación. “É evidente que esta proposta non tiña obstáculo legal algún para poder ser aprobada, por iso a alcaldía non remite como na vez anterior informes técnicos senón unha simple resolución política”, afirma Quique Costas concelleiro asinante da proposta.
O teor literal da decisión adoptada polo Alcalde José Miñones di: “Que as súas propostas de bonificacións da taxa polo servizo do Ciclo Integral da Auga con motivo do Estado de Alarma decretado na pandemia ocasionada pola COVID19, non serán incluídas na orde do día da sesión plenaria de decembro, por non ser compatibles coa folla de ruta marcada por este goberno no tocante ao xa aprobado no Plan de Reactivación de Ames e supoñer unha sobrecarga de traballo de difícil tramitación para os departamentos aos que correspondería a súa xestión”.
“Non é certo que as bonificacións sexan incompatibles coas axudas que no seu día consensuamos todos os grupos municipais” afirma o concelleiro. “Ao contrario, mentres as axudas se refiren a situacións anteriores á súa convocatoria, da que xa se pechou o prazo de solicitude, estas bonificacións son para as situacións de aquí en diante. Tampouco é que esteamos inventando nada, bonificacións similares veñen aplicándose en numerosos concellos de todo o estado practicamente desde a primeira declaración de estado de alarma en marzo pasado. Non podemos entender esta cerrazón do goberno a adoptar unha medida xusta e complementaria ás axudas xa aprobadas. Para nós esta decisión manifesta unha vontade de rachar de xeito unilateral desde o goberno municipal o clima de consensos co que viñamos funcionando en relación coas medidas para paliar os efectos da Covid sobre a economía local”, concluíu.
About Admin
Related Posts
Últimas
-
A SUBA DO IBI E A DEMAGOXIA FISCAL
No mes de novembro do ano pasado incrementouse o IBI...
- Posted 3 meses ago
- 0
-
CANDIDATAS/OS NAS PRIMARIAS DE AMES NOVO
Aquí vos presentamos as persoas que se candidatan para ocupar...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A COMISIÓN ELECTORAL FAI PÚBLICAS AS CANDIDATURAS PROVISIONAIS ÁS ELECCIÓNS PRIMARIAS
ACTA N.º 2 DA COMISIÓN ELECTORAL DE ELECCIÓNS PRIMARIAS DE...
- Posted 2 años ago
- 0
-
GOBERNO MUNICIPAL E AMES NOVO PECHAN O ACORDO SOBRE O ORZAMENTO PARA 2019
O Goberno municipal e a marea municipalista ultimaron os detalles...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CONVOCADAS AS ELECCIÓNS PRIMARIAS DE AMES NOVO
A Asemblea de Ames Novo convoca as Eleccións Primarias que...
- Posted 2 años ago
- 0
-
A INICIATIVA PARA CONSTITUÍR UNHA EMPRESA MUNICIPAL DE SERVIZOS CHOCA CONTRA A INTRANSIXENCIA DA DEREITA E A TIBIEZA DO GOBERNO MUNICIPAL
O Pleno do Concello de Ames celebrado onte rexeitou cos...
- Posted 2 años ago
- 0
-
O ALCALDE DE AMES REXEITA INCLUÍR NA ORDE DO DÍA DO PLENO UNHA PROPOSTA PARA ESTABLECER BONIFICACIÓNS NAS TARIFAS DA AUGA PARA AFECTADOS POLAS MEDIDAS ANTI-COVID
A proposta formulada por AMES NOVO foi rexeitada “por non...
- Posted 2 meses ago
- 0
-
AMES NOVO DENUNCIA RESTRICIÓNS NA OFERTA DE PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE AMES
O Goberno municipal vén de anunciar que se abre o...
- Posted 8 meses ago
- 0
-
VIVA A MATRIA GALEGA!
O pasado día 23 celebrouse no Pazo da Pregrina o...
- Posted 2 años ago
- 0
-
DEMONIZANDO A XUVENTUDE?
O goberno local impide na práctica a celebración dunha Festa...
- Posted 2 años ago
- 0
-
AMES NOVO CONSIDERA PRECIPITADA A PROPOSTA DE FUSIÓN DE CONCELLOS FEITA POLO ALCALDE DE SANTIAGO E AVOGA POLA CREACIÓN DUNHA ÁREA METROPOLITANA
A creación dun organismo metropolitano permitiría asumir moitas das competencias...
- Posted 2 años ago
- 0
-
CANDIDATURA DE AMES NOVO
Rematado o proceso de primarias, quedan configurados os primeiros postos...
- Posted 2 años ago
- 0