Ames Novo apoia as accións conxuntas en defensa do ensino público de estudiantes e familias

- Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
- Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
- Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
- Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
- Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
- O cese fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo
- A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
- A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público
- A apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.
FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.