ATENDE

Ames Novo denuncia a falta de solidariedade do goberno do PP coa cidadanía

By on noviembre 2, 2012

A falta de iniciativa política do PP de Ames fai que as familias paguen máis cara a crise

Ames (02.11.2012) Ames Novo solicitou en reiteradas ocasións ao goberno do PP a conxelación das taxas e dos impostos, así como a posibilidade de fraccionamento do pago do IBI pero, demostrando unha absoluta falta de sensibilidade cara a situación económica que están a padecer moitos dos veciños, os populares negáronse.

Ante isto, o concelleiro de Ames Novo, Anxo Doval, recalca o feito de que sen embargo, o concello de Santiago -tamén gobernado polo Partido Popular- si teña conxelado as taxas e permita o fraccionamento no pago do IBI. “E mesmo asume o aumento do IPC no custo de algúns servizos externalizados”, engade Doval, que ao mesmo tempo, apunta que esta decisión “non se debe nin moito menos a que o concello de Santiago goce dunha mellor situación económica que Ames, de feito, a débeda por habitante é case 4 veces superior en Compostela”.

Para Ames Novo, a única explicación reside na “insensiblidade do goberno de Amor e Argibay ante a situación económica da maioría das familias amienses” e na “falta de iniciativa política que só ve o curtopracismo na redución de débeda e como único xeito de levala a cabo meter a man cada vez máis a fondo no peto dos cidadáns”.

About Admin