ATENDE

AMES NOVO lamenta que a actuación da concelleria de atención veciñal en ano e medio de mandato se limite a unha chocolatada e baile para maiores

By on diciembre 30, 2012

(Ames 28-12-2012) A portavoz de Ames Novo, lamenta a falta de trato institucional do Alcalde

Pilar Candocia, portavoz de Ames Novo lamenta que en tempos tan complicados nos que se necesita máis que nunca a atención veciñal a concellería desta área e a sus responsable, Carmen Verde Leboráns, estiveran totalmente ausentes.

En ano e medio de mandato, foron numerosos e importantes os problemas cos que se atopou a veciñanza e onde o labor deste departamento debería ser determinante. Por exemplo, o cobro retroactivo da taxa de lixo no rural, ante o que a concelleria non levou a cabo ningunha xestión de mediación entre o alcalde e a plataforma veciñal. É “moi triste” que a única intervención que se lle coñece ao respecto foron as chamadas de atención a algunhas persoas nas mobilizacións, do tipo: “ Non vos da vergonza….”.

Ames Novo quere destacar que no conflicto do lixo quedou patente a inexistencia e a necesidade de canles de participación cidadá e lembra que ao comezar o mandato, en xullo de 2011, Pilar Candocia envioulle a Carmen Verde unha proposta de Regulamento de Participación que segue hoxe sen atender.

Si xa de por si é grave que o o unico que fai a concellería de Atención veciñal sexa una chocolatada e baile para maiores, o feito de que exista una concellería que leva o tema de maiores que tamén fai bailes indica o deterioro de relación entre os membros dun goberno dividido en dous bandos que non se falan entre si e o que é peor non coordenan a acción política. Ademais da falta de respecto á persoa que leva esa area, neste caso a concelleira Dolores Fernández

A perda dos papéis do alcalde
Ao mesmo tempo, Ames Novo denuncia a falta de trato institucional do alcalde ao recoñecer que non fixera chegar aos grupos da oposicion un convite remitido pola cofraria da Peregrina porque “se traspapelou”
Aínda así, tal é como advierte Candocia “os concelleiros do goberno don Santiago Amor, dona Carmen Verde e dona Eugenia Martinez si que foron a ese acto. Os demais membros do gobernó tampouco estaban ao tanto do acto, o que pon de manifestó o desgoberno do Concello de Ames, cun goberno enfrentado entre si ao que lle queda moi grande o concello e unha cidadanía activa, creadora e responsable que non merece un goberno de mediocres que funciona só por intereses persoais”.

About Admin