ATENDE

A dignidade d@s inocentes. 10 anos de Burla

By on enero 2, 2013

Queremos recuperar a memoria da indecencia e da dignidade:

Rememorar os desastre dos atentados ecolóxicos e os desastres da xestión política.
Rememorar a dignidade da reacción social e política, en especial os movementos Nunca Máis e Burla Negra.

Pensar como estamos hoxe para encarar o futuro. E en que medida retornamos a un momento de burla masiva da cidadanía.

 

 

 

A DIGNIDADE D@S INOCENTES. 10 anos de Burla

Xoves 3 de xaneiro de 2013

ás 20:30h

Bobber-Cafe en Bertamiráns-AMES

 

O acto comezará cun vídeo sobre o Casón, onde o propio Xosé Manuel Pereiro é o condutor xornalistico, e logo continúa coas intervencións dos e das participantes, persoas de primeiro nivel na reflexión e o activismo pola dignidade da nosa terra e do noso mar:

  • Xosé Manuel Pereiro, xornalista colaborador de TVE e de El País, decano do Colexio de Xornalistas;
  • Suso de Toro, profesor, analista e escritor con varias publicacións arredor do Prestige;
  • Chus Boo, activista de Amaía Negra e Verdegaia, e membro da coordinadora de Ames Novo;
  • Miguel de Lira, actor, comandante da NASA e activista de Burla Negra;
  • Xurxo Souto, cantante, acordeonista, escritor, actor, director e locutor;

Modera: Concha Diéguez, membro da coordinadora de Ames Novo.

HABERÁ SORPRESAS e AGASALLOS DE REIS (para adult@s)!!!

About Admin