A política pode ser outra cousa

Ames Novo entende que a política é «facer coa» cidadanía, por iso o proxecto se concibe desde a participación e a implicación da xente. Este acto é un xeito de abrir a nosa iniciativa a sociedade, porque precisamos construír de forma colectiva e aberta as ferramentas para cambiar as cousas.
Ao acto está expresamente convidada a xente simpatizante de Ames Novo, todas as asociacións de Ames e as forzas que constitúen a Alternativa Galega de Esquerdas e Compromiso por Galicia.
Anímate e participa na xeración da alternativa social e política para a Ames.
- abrir
- mostrar ante a sociedade a Ames Novo como principal referente da oposición e como alternativa social e política que pode encabezar un goberno oposto ao Partido Popular;
- implicar a toda a xente de Ames Novo e a cidadanía máis viva e comprometida neste proxecto, convertendonos nunha iniciativa cidadá que elabora as súas proposta desde a participación. A idea é convidar a todas as entidades de Ames a participar na clausura da Xornada de cara a implicalas na nosa acción futura;
- visibilizar que as organizacións constitutivas da Alternativa Galega de Esquerdas e Compromiso por Galicia apostan por Ames Novo como a súa aposta municipal en Ames.
17:00h Presentación da Xornada por parte do coordinador de Ames Novo, e dos obxectivos comúns de todos os grupos.
Quique, Chus e alguén do grupo para dar conta dos obxectivos da nova etapa e da implicación do colectivo na acción social e municipal.
Explicar a dinámica de traballo e acomodar a toda a xente en grupos (Xaime)
17:30h Traballo en grupos de área. Distribuídos na propia sala e abaixo.
18:10h Presentación ao conxunto das conclusións de cada área, e debate.
19:40 h Descanso.
Debe haber un par de persoas pendentes de acomodar aos convidados desde as 19:30h aínda que suban ás 20:00h e á prensa.
A partir da 20:00h: apertura ás asociacións convidadas, forzas políticas, medios de comunicación e a toda a cidadanía de Ames.
Esta parte debería ser gravada a transmitida en streaming (compre cámara).
20:00h Benvida e agradecementos aos convidados. Na mesa Quique, Chus e Pilar
20:10h Resumo da proposta global (un par de persoas que determinemos como secretarios)
20:15h Presentación do Portal cidadán como espazo de participación cidadá. Antón e Concha.
20:30h Intervención da portavoz municipal
Logo o conxunto da dirección se xunta arredor de Pilar (e igual Martiño, Bascuas, Ron…)
21:00h Peche.
Unha gaita para tocar o himno galego ¿???? ou un par de pezas de peche pe. de Alonso e Cano.
Deberiamos ir a tomarlle algo con toda a xente antes da cea.
O Convite