ATENDE

O valor do patrimonio

By on enero 26, 2013

O valor do patrimonio herdado por unha comunidade é inmenso; axúdanos a entendernos
mellor, confírenos un certo sentimento de pertenza e de conexión cos que foron antes que
nós e é unha parte senlleira da nosa identidade como concello e como veciñanza. Tamén
é unha ferramenta que podemos empregar para xerar recursos comunitarios, culturais ou
mesmo económicos.

Unha correcta xestión del implica non só a restauración dos bens culturais como poden
ser os cruceiros ou os muíños senón tamén, e sobre todo, a conservación dos espazos
e as tradicións sen que os novos usos que podamos asignarlles supoñan unha renuncia
á nosa identidade e herdanza. Antes ao contrario, poñer en valor o noso legado é
unha oportunidade excepcional para mellorar o noso territorio, afortalar o noso tecido
social, xerar novos recursos económicos… Só é necesario facer o que fixeran os nosos
antergos: coller a nosa herdanza e poñela a funcionar para xerar comunidade, riqueza e
benestar agora e no futuro.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *