ATENDE

Mulleres loitando contra a perda de liberdade

By on marzo 8, 2013
Se cando as cousas viñan ben dadas a realidade xa non era a que quixéramos e a igualdade real entre homes e mulleres estaba aínda lonxe, agora que todo se torceu recúamos no andado a pasos de xigante.
A actual crise económica está a destruir emprego como nunca e as consecuencias, como sempre acontece con todo o malo, afectan máis aos máis febles e, polo tanto, ás mulleres. Nós somos as afectadas directas do atentado ao Estado de Benestar.
Botando man do xa tan cansino argumento da “austeridade” que vale para todo, as políticas conservadoras eliminan servizos sociais básicos para toda a sociedade pero que afectando especialmente á muller. Ademáis de destruir ou precarizar postos de traballo maioritariamente femininos, sacrifican ferramentas indispensables para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da muller. Deste xeito, condenan á muller a voltar para a casa, obrigándoa a abandonar os seus postos de traballo por ter que facerse cargo do coidado dos maiores ou dos fillos.
Esta crise que as mulleres non provocamos e as políticas que os gobernos están a levar a cabo para afrontala afonda gravemente no noso empobrecemento, tanto no económico como no vital perdendo os tempos e os espazos para nós. Perdendo a nosa liberdade.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *