ATENDE

O GOBERNO DE AMES INCAPAZ DE ALCANZAR UN ACORDO NO MÁIS BÁSICO

By on marzo 8, 2013

A incapacidade do goberno de Ames para chegar a acordos está chegando a límites insospeitados, que mostran con claridade a súa confusión entre goberno, institución municipal e Partido Popular.
O goberno de Santiago Amor a través da súa Concelleira responsable da área de igualdade e primeira tenente de alcalde, Eugenia Martín, é incapaz alcanzar unha declaración institucional do Concello sobre o día internacional da muller. Primeiro esta responsable quería converter declaración en propaganda da acción dunha área que está paralizada neste momento, e despois negouse a incluír no texto frases como que as mulleres son “afectadas directas dos recortes ao Estado de Benestar“.
Ames Novo quere denunciar a insensibilidade ante o tema da igualdade e o sectarismo do Partido Popular. A insensibilidade apreciase na desconsideración desta área desde que asumiu a área Eugenia Martín, compréndea como un trámite, unha obriga que ten que cumprir sen maior vontade nin orientación nunha política que mesmo caeu da denominación da concellería: Concellería de Medio Ambiente, Sanidade, Cultura, Deportes e Benestar Social, dun nome tan longo tivo precisamente que caer muller ou igualdade. E o sectarismo e a utilización partidaria das institucións percíbese no seu empeño de converter unha declaración institucional nun alegato de defensa das políticas de recortes Populares. Hai case unha década que Ames ten unha declaración conxunta de todas as forzas políticas neste día, e agora este goberno é incapaz de chegar a acordos no máis básico, a loita pola igualdade e o significado do 8 de marzo como símbolo compartido para os avances das mulleres.

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *