ATENDE

Polo deporte, pola igualdade. Todas e todos á Gala do deporte feminino galego.

By on marzo 8, 2013

É triste que a gran futbolista Vero Boquete necesitase plantarse diante da Federación Española para que a selección feminina teña o mesmo trato que a masculina. Queda aínda moito camiño por recorrer para que tanto socialmente coma nos clubes e federacións o deporte practicado por mulleres teña a mesma consideración que o practicado por homes. A pesar diso , a maioría das medallas olímpicas españolas en Londres 2012 foron logradas por mulleres. Catro delas por mulleres galegas, e esas son algunhas das premiadas na II Gala do Deporte Galego que este sábado pola tarde a Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) organiza en Ames, coa colaboración do Concello.
Ames é un Concello con moitas mozas, onde o deporte feminino ten cada vez unha maior impronta en múltiples modalidades, tanto colectivas como individuais. Esperemos que actos coma éste contribúan aínda máis a animar a nenas, mozas e mulleres a practicar deporte. É importante tamén que desde toda Galicia se visualice a aposta dos e das  amienses por esta faceta da igualdade entre homes e mulleres coa presencia nas actividades que MUDEGA ten organizadas no pavillón do Milladoiro a partir das 17:00 h e que van desde a patinaxe ata o boxeo pasando polo fútbol sala, e á noitiña a II Gala do deporte feminino galego, que se desenvolverá dende as 20:30 h no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.
Para saber os horarios de todas as actividades e as premiadas nesta II Gala do Deporte Galego podedes consultalo en: http://www.concellodeames.org/nova.php?noticia=9519&idioma=gl&sec=32

About Admin

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *