ATENDE

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Se recibes regularmente información sobre Ames Novo é exclusivamente porque nalgún momento te susbcribiches para que se che envíe. En tal caso, o teu correo forma parte dun listado de enderezos ANONIMIZADO no que non consta ningunha outra información persoal respecto de ti (nin sequera o teu nome). Se nalgún momento decides que non queres seguir recibindo estes correos só tés que enviar unha mensaxe co asunto “BAIXA” ao correo ames.novo@gmail.com Esta opción aparecerá nun enlace en cada unha das mensaxes que recibas para facilitarche o trámite.

Se o teu nome aparece publicamente no listado de persoas asinantes, do manifesto da Iniciativa Cidadá AMES NOVO é exclusivamente porque ti accedes a iso. Se non desexas figurar nesa lista só tés que enviar unha mensaxe ao enderezo ames.novo@gmail.com co asunto “OCULTAR” se queres seguir dando o treu apoio, pero non publicamente, ou ELIMINAR se xa non queres seguir formando parte das persoas que se adhiren á Iniciativa Cidadá Ames Novo.

En calquera dos casos, Ames Novo NUNCA FACILITARÁ OS DATOS DESTES LISTADOS (correos e lista de apoios) A TERCEIROS, nin de xeito gratuito nin, por suposto, comercial. Os teus datos fóronnos facilitados para un só fin e nunca serán usados para ningunha outra finalidade, nin sequera por nós.

En calquera momento poderás solicitar de Ames Novo, mediante o envío dun correo dirixido a ames.novo@gmail.com , que se che faciliten os datos de que dispomos sobre ti e, se queres, que estes sexan eliminados dos noso rexistros.

Se navegas pola nosa páxina: prazadeames.com NON UTILIZA COOKIES. Nós non gardamos ningún rastro de quen ou como navega por ela. Apenas algúns datos estatísticos anonimizados (país desde o que se navega, navegador utilizado. siatema opertivo, enlace desde o que se accede…) son rexistrados polo proveedor de hosting do dominio. Esta información anónima permite, e é utilizada tan só, para elaborar estatísticas sobre o uso da nosa páxina.